Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas   Click to listen highlighted text! Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas Powered By GSpeech

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso. Saber máis

Acepto

A Fundación de Exposición e Congresos de A Estrada convoca a XXVIII edición do Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela, que homenaxea a figura de quen fora un dos grandes impulsores da cultura e a historia locais deste concello pontevedrés, ademais de figura impulsora da Fundación Xosé Neira Vilas.

O premio, dotado con 1.000 euros está destinado ao mellor traballo ou serie de traballos en lingua galega publicados ata o 31 de setembro de 2023. Tanto os propios autoras ou autoras como os lectores poderán enviar propostas ao seguinte enderezo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

O prazo remata 0 1 de novembro de 2023.

Poden consultarse as bases completas aquí: DESCARGAR PDF

O 3 de novembro, Día de Neira Vilas e Día da Lectura, remata o prazo para a recepción de orixinais que concorran a esta terceira edición do Premio Arume de Poesía para a Infancia, que organizan conxuntamente a Fundación Xosé Neira Vilas, GALIX e Deleite. O galardón conta cunha dotación de 1000 euros e será publicado por Edicións Embora. As obras candidatas, de temática libre e acaída para un publico infantil e xuvenil, terán unha extensión mínima de 350 versos e poderán conformar un só poema ou un grupo de poemas. A entrega do premio terá lugar o 15 de decembro de 2023.

logo arume

Un ano máis, con motivo do Día das Escritoras, a Fundación Xosé Neira Vilas rende homenaxe a Anisia Miranda, unha das fundadoras desta entidade e primeira vicepresidenta da mesma. A fundación únese deste xeito á iniciativa da Biblioteca Nacional, de maneira que o 16 de outubro terá lugar unha ofrenda floral no cemiterio de Gres, acompañada da lectura pública de diversos textos literarios, tanto da propia Anisia Miranda como doutras escritoras, incluíndo neste último caso as propostas polas Bibliotecas Escolares de Galicia, como tamén pola Biblioteca Nacional. Haberá así ocasión de escoitar textos escritos nas catro linguas do Estado.

anisia dia escritoras

A Fundación Xosé Neira Vilas convoca, na súa oitava edición, o Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta para obras en lingua galega destinadas ao público infantil e xuvenil, e que está dotado con 1.000 euros e a edición do texto.

O prazo de presentación de orixinais está aberto ata o 9 de outubro de 2023 e estes deberán ser inéditos e ter un mínimo de 50 páxinas e un máximo de 150, mecanografados en letra Times New Roman de corpo 12 e a dobre espazo.

Banner Premio Xosé Neira Vilas 2023

O premio entregarase o 3 de novembro de 2023, coincidindo co aniversario do nacemento de Xosé Neira Vilas e co Día da Lectura.

As bases completas poden consultarse nesta ligazón:DESCARGAR AS BASES DO PREMIO

As Insuas de Gres acollen, un ano máis, a presentación da obra gañadora do Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta. O acto ten lugar o sábado 29 de xullo, ás 19. 00 h. Fóra de rexistro, de Virxilio Rodríguez Vázquez, foi a elixida na edición do citado galardón no ano 2021 por parte dun xurado formado por Juan Andrés Fernández, Henrique Neira e Armando Requeixo.

fora de rexistro xullo 2023

Click to listen highlighted text! Powered By GSpeech