Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas   Click to listen highlighted text! Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas Powered By GSpeech

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso. Saber máis

Acepto

O 3 de novembro, Día de Neira Vilas e Día da Lectura, remata o prazo para a recepción de orixinais que concorran a esta terceira edición do Premio Arume de Poesía para a Infancia, que organizan conxuntamente a Fundación Xosé Neira Vilas, GALIX e Deleite. O galardón conta cunha dotación de 1000 euros e será publicado por Edicións Embora. As obras candidatas, de temática libre e acaída para un publico infantil e xuvenil, terán unha extensión mínima de 350 versos e poderán conformar un só poema ou un grupo de poemas. A entrega do premio terá lugar o 15 de decembro de 2023.

logo arume

 


Na edición anterior foi premiada a proposta de Antón Cortizas, Os versos da Mariola, namentras que na de 2021 concedéuselle o galardón ás obras A flor da letra, de Manuel López Rodríguez, e Violeta paraplue, de Ramón D. Veiga. No caso deste último título, a calidade do pemario e a excelente acollida por parte dos lectores e da crítica levárono a acadar outras distincións: finalista do Premio Follas Novas, Selección da OEPLI (Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil) e finalista dos Premios Frei Martín Sarmiento.


O Premio Arume de Poesía para a Infancia súmase aos que xa convoca a entidade de Gres: o Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia e o Premio de Novela Curta, cuxo prazo para a recepción de orixinais está aberto ata o 9 de outubro. O Arume de Poesía fora creado por Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda coa finalidade de apoiar a poesía infantil e que tivo a súa primeira edición hai máis de vinte anos. Foi, no seu momento, o único certame de poesía para a infancia en Galicia, feito que lle confería un brillo especial (e dúas décadas máis tarde continuaría a selo). A poesía, dentro da literatura infantil, é un dos xéneros (xunto co teatro) que conta cun menor número de títulos publicados. Búscase, daquela, compensar este desequilibrio que, co reforzo do patrocinio, facilite unha maior presenza da poesía dentro do sistema literario galego.

 

DESCARGAR AS BASES (PDF)

Click to listen highlighted text! Powered By GSpeech