Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas   Click to listen highlighted text! Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas Powered By GSpeech

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso. Saber máis

Acepto

O prazo para a recepción de orixinais remata o 15 de abril e a entrega está prevista para o 17 de maio, no marco do acto literario que a fundación de Gres organizará con motivo do Dia das Letras Galegas. O obxetivo deste galardón é o de estimular a creación teatral e procurar textos que poidan seren representados por nenas e nenos.

medalla anisia premio

 

O Premio Anisia Miranda, dotado con 1.000 euros, está dirixido a autores e autoras que escriban en galego obras de non máis de 30.000 caracteres. Os orixinais deberán enviarse, antes do 15 de abril, ao enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., a través dun envío que garanta o anonimato do autor e que inclúa, ademais da obra propiamente dita, un segundo arquivo onde figuren os datos de autoría.

Con esta iniciativa, a Fundación Xosé Neira Vilas asume a responsabilidade de abordar unha carencia que se ven observando no sistema literario infantil galego: a escasa presenza de premios de teatro especificamente dirixidos ao público infantil. Lembramos que na primeira convocatoria deste certame resultou gañadora María Canosa coa peza Travesía unicornio, que foi levada ao prelo por Edicións Embora.

Finalmente, este galardón é tamén unha homenaxe á figura de Anisia Miranda, compañeira de vida de Neira Vilas, escritora especialmente adicada á escrita para nenos e nenas. Foi autora dunha ampla obra no eido do teatro infanti, con títulos como A volta do Compay Grilo (Ediciós do Castro, 1990) ou A cama, a bolboreta e o paxariño (Ediciós do Castro, 1998). Ademais, escribiu outro libro de divulgación dirixida á infancia, Mitos e lendas da vella Grecia, que acaba de ser reeditada pola Editorial Galaxia.

 

Click to listen highlighted text! Powered By GSpeech