Está aberta ó público todas as tardes, de martes a sábado, de 15.30 a 19.30 h.
O seu fondo alcanza os 8.500 volumes. Ten unha sala de lectura para nenos, nenas e adolescentes e outra para persoas adultas.
Tamén presta servizo a estudantes, investigadoras e investigadores, nomeadamente no campo da cultura e a historia locais, así como no terreo da etnografía, grazas á sección específica adicada a esta disciplina situada no museo que alberga a propia Casa do Romano.
Sala de Investigación da Biblioteca
E, por suposto, a biblioteca tamén garda aqueles documentos e materias de arquivo que contribúen a un mellor coñecemento da vida e a obra de Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda.
Sala para nenas e nenos da Biblioteca