Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas   Click to listen highlighted text! Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas Powered By GSpeech

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso. Saber máis

Acepto

O Premio Anisia Miranda, que conta co apoio da Dirección Xeral da Xunta de Galicia, recaeu nesta edición de 2023 en Medo me dá!, de Ramón Domínguez Veiga. A obra gañadora presenta unha excelente construción dramática realizada con gran axilidade nos diálogos, dotada dun sentido do humor que, en todo momento, fixa o desenvolvemento da trama teatral. Así o salientou o xurado, composto polos membros do Padroado da Fundación Xosé Neira Vilas Pilar Sampedro e Miguel Anxo Fernán-Vello, xunto con poeta e dramaturgo Xosé Luna.

ramondveiga

Ramón Veiga - Chile Estudio (2021)

 

Ramón Domínguez Veiga xa fora galardoado en 2021 co Premio Arume de Poesía para a Infancia, que convoca a Fundación Xosé Neira Vilas en colaboración con Deleite e GÁLIX, pola obra Violeta Parapluie. A súa experiencia no eido da literatura infantil complétase con títulos como Violeta quere ser vampiro. Un conto de Samaín (2017), É tempo de antroido (2018), A araña que lle tiña medo ás arañas (2019), Meigas fóra! (2020) ou Non pare a festa (2021), entre outros. Tamén é autor da serie de banda deseñada Miñoca/Lombriz/Cuc (2021, 2022, 2023). Para público adulto publiou Zoom (2022), doce relatos inspirados noutras tantas fotografías. Ramón Domínguez é licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade da Coruña e na actualidade traballa no mundo da edición.

ramondveiga

Ramón Veiga - Chile Estudio (2021)

A entrega do premio Anisia Miranda constitúe o acto central co que a Fundación Xosé Neira Vilas celebrará o Día das Letras Galegas. Haberá, ademais, un recordo para Francisco Fernández del Riego. Con este motivo farase unha lectura pública dalgunha das cartas que se intercambiou con Neira Vilas, e que foron publicadas pola editorial Galaxia en 2013 no volume Cartas e lembranzas. Epistolario con Francisco Fernández del Riego (1959-2007). O acto rematará coa actuación do grupo de musica tradicional Raiola, integrada na Asociación Mestre Gacio de Boqueixón.

 

Tlf. de contacto para ampliar información: 620368644 (presidente)

 

 

Click to listen highlighted text! Powered By GSpeech