As Insuas de Gres acollen, un ano máis, a presentación da obra gañadora do Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta. O acto ten lugar o sábado 29 de xullo, ás 19. 00 h. Fóra de rexistro, de Virxilio Rodríguez Vázquez, foi a elixida na edición do citado galardón no ano 2021 por parte dun xurado formado por Juan Andrés Fernández, Henrique Neira e Armando Requeixo.
A trama novelesca destaca pola recreación dunha intriga investigadora que transcorre na Galicia bonaerense arredor dun personaxe de orixe sefardí.