Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas   Click to listen highlighted text! Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas Powered By GSpeech

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso. Saber máis

Acepto

A Fundación Xosé Neira Vilas convoca a terceira edición do Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia co apoio da Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia. Lógrase, deste xeito, atender a unha certa carencia que se viña observando no sistema literario galego no tocante a certames que impulsaran a creación de textos dramáticos para os nenos e nenas.

medalla anisia premio

Os orixinais, escritos en lingua galega, terán un máximo de 30.000 caracteres e deben enviarse ao enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., seguindo as indicacións contidas nas bases para asegurar o anonimato das propostas. O prazo para o envío remata o 15 de abril e o acto de entrega terá lugar o 25 de maio.

 O galardón está dotado con 1.000 euros e a súa publicación estará a cargo da Edicións Embora, ao igual que os outros dous certames que promove a fundación: o Xosé Neira Vilas de Novela Curta e o Arume de poesía, neste caso en colaboración con GÁLIX e a empresa Deleite.

A imaxe gráfica do premio é unha creación do ilustrador e artista Xosé Vizoso, quen tivo como mestre a Isaac Díaz Pardo, foi deseñador de Sargadelos e, na actualidade, forma parte do padroado da Fundación Xosé Neira Vilas.

 

SE O DESEXA PODE DESCARGAR AS BASES (PDF)

Click to listen highlighted text! Powered By GSpeech