1. Información legal e aceptación
As presentes disposicións regulan o uso do servizo das webs (en adiante, a “Web”) que a Fundación Xosé Neira Vilas, (en adiante, A Fundación) pon a disposición pública en Internet. A Fundación ten o domicilio social na Casa do Romano en Gres, no Nº 9, 36587 en Vila de Cruces (Galicia) e o seu C.I.F. é o número G-36277440.
A utilización das webs atribúe a condición de persoa usuaria da web (en adiante, o “persoa usuaria”) e implica a aceptación de todas as condicións incluídas neste Aviso Legal. A prestación do servizo da web ten unha duración limitada ao momento no que a persoa usuaria estea conectada á web ou a algún dos servizos que a través da mesma ofrecemos. Por tantoa persoa usuaria debe ler atentamente o presente Aviso Legal en cada ocasión nas que se propoña utilizar a web, xa que as condicións de uso recollidas no presente Aviso Legal poden sufrir modificacións.
2. Obxecto
O obxecto das presentes disposicións é regular o uso que poden realizar as persoas usuarias da nosa web que actualmente está na seguinte URL:
https://neiravilas.gal
sen prexuízo de que certos servizos ou contidos dentro das webs estean sometidas baixo as súas propias condicións particulares, regulamentos e instrucións que, no seu caso, substitúen, complementan e/ou modifican o presente Aviso Legal e que deberán ser aceptadas pola persoa usuaria antes de iniciarse a prestación do servizo correspondente.
3. Acceso
O acceso e o uso da web ten carácter gratuíto e non esixe o rexistro previo da persoa usuaria con carácter xeral. Non obstante, o acceso e uso de determinados servizos ofrecidos só poden facerse previo rexistro.
No caso do rexistro a través de identificadores e contrasinais, tanto o identificador como o contrasinal pertencerán exclusivamente á persoa á que se lle conceden. A persoa usuaria rexistrada deberá manter baixo a súa exclusiva responsabilidade tanto o identificador como o contrasinal na máis estrita e absoluta confidencialidade, asumindo, por tanto, cantos danos ou consecuencias de todo tipo se deriven do quebrantamento ou revelación do segredo.
4. Propiedade intelectual e industrial
A Fundación Xosé Neira Vilas publica os seus contidos baixo unha licenza Creative Commons BY-SA 3.0 (ver detalles). Isto non quere dicir que determinadas imaxes, vídeos, textos e outros arquivos podan ser propiedade de terceiros, sen que se entenda que están cedidos á persoa usuaria ningún dos dereitos de explotación recoñecidos pola normativa vixente en materia de propiedade intelectual sobre os mesmos. Por tal razón, a persoa usuaria comprométese a non infrinxir ningún dereito derivado da propiedade intelectual ou industrial, quedando expresamente prohibida a reprodución total ou parcial destes arquivos ou textos propiedade de terceiros.
As marcas, nomes comerciais ou signos distintivos son titularidade da Fundación ou de terceiros, e están protexidos pola lexislación vixente en materia de propiedade industrial, sen que poda entenderse que o acceso ás webs atribúa dereito ningún sobre as citadas marcas, nomes comerciais e/ou signos distintivos.
5. Condicións xerais de uso
5.1 Xeral
A persoa usuaria obrígase a facer un uso correcto da web de conformidade coa Lei e o presente Aviso Legal, respondendo fronte á Fundación ou fronte a terceiros de calquera dano ou prexuízos que puidesen causarse como consecuencia do incumprimento de dita obriga.
A Fundación resérvase o dereito de bloquear o acceso das persoas usuarias que fagan un uso da web contrario á Lei ou ás condicións do presente Aviso Legal, podendo anular ou bloquear, no seu caso, o identificador e contrasinal das persoas usuarias rexistradas se é o caso.
Queda expresamente prohibido o uso da web con fins lesivos de bens ou intereses da Fundación ou de terceiros ou que de calquera outra forma sobrecarguen, danen ou inutilicen as redes, servidores e demais equipos informáticos (hardware) ou produtos e aplicacións informáticas (software) da Fundación ou de terceiros.
5.2 Contidos
As persoas usuarias comprométese a utilizar os contidos de conformidade coa Lei e o presente Aviso Legal, así como coas demais condicións, regulamentos e instrucións que no seu caso puidesen ser de aplicación de conformidade co disposto na cláusula 2. Con carácter meramente enunciativo, o usuario de acordo coa lexislación vixente deberá absterse de:
– Reproducir, copiar, distribuír, por a disposición, comunicar publicamente, transformar ou modificar os contidos salvo nos casos autorizados na Lei ou expresamente consentidos pola licenza á que se acolle a Fundación ou por quen ostente a titularidade dos dereitos de explotación no seu caso.
5.3 Formularios de recollida de datos
Sen prexuízo do disposto na cláusula 7 do presente Aviso Legal, así como nas políticas de privacidade accesibles desde a web e que puidesen resultar aplicables en cada momento, a utilización de certos servizos ou solicitudes dirixidos á Fundación están condicionados ao previo cumprimento do rexistro da persoa usuaria.
Toda a información que facilite a persoa usuaria a través de formularios da web aos efectos anteriores ou calquera outros deberá ser veraz. A estes efectos, a persoa usuaria garante a autenticidade de todos aqueles datos que facilite e manterá a información facilitada a Fundación perfectamente actualizada de forma que responda, en todo momento, á situación real da persoa usuaria. En todo caso será a persoa usuaria a único responsable das manifestacións falsas ou inexactas que realice e dos prexuízos que cause á Fundación ou a terceiros pola información que facilite.
5.4 Ligazóns á web
A persoa usuaria que queira introducir ligazóns desde as súas propias páxinas á eb deberá cumprir coas condicións que se detallan a continuación sen que o descoñecemento das mesmas evite as responsabilidades derivadas da Lei.
A ligazón poderá vincular a calquera páxina web a excepción de aquelas que incorporen datos persoais, bases de datos ou outra información sometida á normativa sobre protección de datos, mais non poderá reproducila de ningunha forma (inline links, copia dos textos, gráficos etc.).
Quedará en todo caso prohibido, de acordo coa lexislación aplicable e vixente en cada momento, establecer frames ou marcos de calquera tipo que envolvan a web ou permitan a visualización dos contidos a través de enderezos de internet distintos dos da web e, en calquera caso, cando se visualicen conxuntamente con contidos alleos á web de forma que: (i) produza, ou poda producir, erro, confusión ou engano ás persosa usuarias sobre a verdadeira procedencia do servizo ou contidos; (ii) supoña un acto de comparación ou imitación desleal; (iii) sirva para aproveitar a reputación da marca e prestixio de Fundación; (iv) de calquera outra forma que resulte prohibido pola lexislación vixente.
Non se realizará desde a páxina que introduce a ligazón ningún tipo de manifestación falsa, inexacta ou incorrecta sobre a Fundación.
En ningún caso, agás cando se conte con autorización formal, expresarase na páxina onde se atope a ligazón que a Fundación prestou o seu consentimento para a inserción da ligazón ou que doutra forma patrocina, colabora, verifica ou supervisa os servizos do remitente.
A páxina que se estableza deberá cumprir fielmente coa lei e non poderá en ningún caso dispor ou ligar con contidos propios ou de terceiros que: (i) sexan ilícitos, nocivos, pornográficos, violentos, racistas etc.; (ii) induzan ou podan inducir na persoa usuaria a falsa concepción de que a Fundación subscribe, sustenta, adhire ou que, de calquera maneira, apoia as ideas, manifestacións ou expresións, lícitas ou ilícitas, do remitente; (iii) resulten inapropiados ou non pertinentes coa actividade da Fundación respecto ao lugar, contidos e temática da páxina web do remitente.
6. Exclusión de responsabilidade
6.1 Da información
O acceso á web non implica a obriga por parte da Fundación de comprobar a veracidade, exactitude, adecuación, idoneidade, exhaustividade e actualidade da información subministrada a través da mesma. Os contidos destas webs son de carácter xeral e non constitúen, de ningún modo, a prestación dun servizo, polo que dita información resulta insuficiente para a toma de decisións persoais por parte da persoa usuaria.
A Fundación non se responsabiliza das decisións tomadas a partir da información subministrada na web nin dos danos e prexuízos producidos na persoa usuaria ou terceiros con motivo de actuacións que teñan como único fundamento a información obtida na web.
6.2 Da calidade do servizo
O acceso á web non implica a obriga por parte da Fundación de controlar a ausencia de virus, vermes ou calquera outro elemento informático danoso. Corresponde á persoa usuaria, en todo caso, dispor de ferramentas adecuadas para a detección e desinfección de programas informáticos danosos.
A Fundación non se responsabiliza dos danos producidos nos equipos informáticos das persoas usuarias ou de terceiros mentres dure a prestación do servizo da web.
6.3 Da dispoñibilidade do servizo
O acceso á web require de servizos e subministros de terceiros, incluídos o transporte a través de redes de telecomunicacións cuxa finalidade, calidade, continuidade e funcionamento non corresponde á Fundación Xosé Neira Vilas. Por conseguinte, os servizos proporcionados a través da web poden ser suspendidos, cancelados ou resultar inaccesibles, con carácter previo ou simultáneo á prestación do servizo da web.
A Fundación non se responsabiliza dos danos ou prexuízos de calquera tipo producidos nas persoas usuarias a causa de fallos ou desconexións nas redes de telecomunicacións que produzan a suspensión, cancelación ou interrupción do servizo da web durante a prestación do mesmo ou con carácter previo.
A Fundación poderá realizar as modificacións que estime convenientes na web, podendo incluír servizos e contidos adicionais aos actuais ou, no seu caso, suprimilos. A Fundación poderá modificar a web cando considere oportuno e poderá bloquear o acceso a todos ou parte das persoas usuarias da mesma para proceder a realizar modificacións ou as reparacións que considere necesarias en calquera momento. En ningún caso, A Fundación será responsable do inadecuado funcionamento do sistema se isto obedece a unha defectuosa configuración dos equipos da persoa usuaria ou á súa insuficiente capacidade para soportar os sistemas informáticos indispensables para poder facer uso do servizo.
6.4 Dos contidos e servizos ligados a través da web
O servizo de acceso á web inclúe dispositivos técnicos de ligazón, directorios e incluso instrumentos de procura que permiten ao usuario acceder a outras páxinas e portais de internet (en adiante, webs ligadas). Nestes casos, A Fundación actúa como prestador de servizos de intermediación de conformidade co artigo 17 da Lei 34/2002, de 12 de xullo, de servizos da Sociedade da Información e o Comercio Electrónico (LSSI) e só será responsable dos contidos e servizos subministrados nas webs ligadas na medida en que teña coñecemento efectivo da ilicitude e non teña desactivado a ligazón coa dilixencia debida.
No suposto de que a persoa usuaria considere que existe unha web ligada con contidos ilícitos, nocivos, denigrantes, violentos, contrarios á moral ou inadecuados poderá comunicalo á Fundación, sen que en ningún caso esta comunicación implique a obriga de retirar a correspondente ligazón. En ningún caso, a existencia de webs ligadas debe presupor a existencia de acordos cos responsables ou titulares dos mesmos, nin a recomendación, promoción ou identificación da Fundación coas manifestacións, contidos ou servizos providos.
A Fundación non coñece os contidos e servizos das webs ligadas e por tanto non se fai responsable dos danos producidos pola ilicitude, falta de calidade, desactualización, indispoñibilidade, erro ou inutilidade dos contidos e/ou servizos das webs ligadas nin de calquera outro dano que no sexa directamente imputable á Fundación.
7. Protección de datos persoais
O tratamento dos datos persoais da persoa usuaria rexerase de acordo co establecido na Política de privacidade da Fundación.
8. Lexislación
O presente Aviso Legal réxese pola Lei aplicable no termo municipal de Vila de Cruces, sede da Fundación Xosé Neira Vilas.