Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas   Click to listen highlighted text! Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas Powered By GSpeech

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso. Saber máis

Acepto

O obxectivo do certame é estimular a creación literaria, fomentar a lectura en lingua galega e proporcionar ao público infantil, xuvenil e adulto obras de calidade que o acheguen aos mundos da ficción e a imaxinación da novela.

O prazo de presentación de orixinais pecha o vindeiro 8 de outubro e o premio entregarase o 3 de novembro, coincidindo co aniversario do nacemento de Xosé Neira Vilas, unha efemérede que, ademais, deu lugar a que, a  partir do 2021, sexa considerado como Día do Lector e da Lectora.

O galardón entrégase o 3 de novembro nun acto público na sede da Fundación Xosé Neira Vilas, en Gres (Vila de Cruces), coincidindo coa conmemoración do Día de Neira Vilas.

Este certame substitúe aos que se viñan convocando ata o 2015 en anos alternos: o Arume de Poesía e o Estornela de Teatro, ambos os dous pensados tamén para a infancia e a adolescencia.

O galardón está dotado con 1000 euros e a publicación do traballo gañador a cargo de Edicións Embora.

neira vilas

 

Na pasada edición, o galardón foi para Diana Varela, autora de A conxura. En palabras do crítico literarios e membro do xurado que outorgu o premio, “frecuentar as páxinas desta novela é deixarse atrapar por personaxes hipnóticos, de absoluto fascinio”. Todo isto acompañado, a maiores, dun inconfundible selo humorístico.

6º PREMIO NEIRA VILAS 21

Diario de Brian, o chinés, de David Daniel Vázquez Álvarez, foi a novela galardoada na primeira edición, unha historia protagonizada por adolescentes que viven experiencias que cambiarán as súas vidas. Na segunda edición, o premio recaeu en An Alfaya por O home de negro, unha sorprendente proposta metaliteraria e autorreflexiva coa que experimentar unha lectura altamente suxestiva. O xornalista da TVG Pedro Rielo gañou a edición de 2019 con Detrás dos perdidos, un relato no que descubrir que a aventura e o misterio poden atoparse alí onde menos o agardamos. A última obra galardoada foi Esca, de Antonio Piñeiro, un relato que evoluciona en espiral creando unha atmosfera e un clima de tensión narrativa, que destaca tamén pola súa ambición estética, prosa lírica e riqueza léxica.

Os cinco libros premiados están a disposición de lectores e lectoras en Edicións Embora.

 

DESCARGAR AS BASES DO PREMIO (PDF)

Click to listen highlighted text! Powered By GSpeech