A Fundación Xosé Neira Vilas convoca a quinta edición do Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia co apoio da Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia. Con esta iniciativa búscase atender a unha certa carencia que se viña observando no sistema literario galego no tocante a certames que impulsaran a creación de textos dramáticos para os nenos e nenas.
Os orixinais, escritos en lingua galega, terán un máximo de 30.000 caracteres e deben enviarse ao enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., seguindo as indicacións contidas nas bases para asegurar o anonimato das propostas. O prazo para o envío remata o 20 de abril e o acto de entrega terá lugar o 24 de maio. O galardón está dotado con 1.000 euros e a súa publicación estará a cargo da Edicións Embora, ao igual que outro dos certames que promove a fundación: o Arume de poesía, neste caso en colaboración con GÁLIX e a empresa Deleite.

En edicións anteriores, as obras premiadas foron: Travesía unicornio, de María Canosa; Medo me dá!, de Ramón D. Veiga, O dedo e os monstros, de Francisco Antonio Vidal Blanco, e O tesouro, de Lidia de la Fuene.
A imaxe gráfica do premio é unha creación do ilustrador e artista, falecido fai un ano, Xosé Vizoso, quen tivo como mestre a Isaac Díaz Pardo, foi deseñador de Sargadelos e formou parte da padroado da Fundación Xosé Neira Vilas.
As bases do premio están dispoñibles na seguinte ligazón: BASES (PDF)