Promover a creación literaria dirixida á infancia e a adolescencia constitúe o obxecto principal dos tres premios literarios que convoca anualmente a Fundación Xosé Neira Vilas. Afondar no hábito lector e introducir a nenos e nenas no mundo do libro son outros tantos propósitos que animan a posta en marcha destas iniciativas, para o que contamos coa colaboración de Embora Edicións. O premio Arume de poesía e o premio Anisia Miranda de teatro son exemplos de certames que non se estaban ofertando no sistema literario galego. O Premio Xosé Neira Vilas de novela curta, á súa vez, vai sumando cada ano novas voces ao panorama narrativo en lingua galega.