Amig@s da Fundación
A Fundación Xosé Neira Vilas é unha fundación privada sen ánimo de lucro constituída en Santiago de Compostela o 27 de maio de 1993 por iniciativa do propio Xosé Neira Vilas e a súa dona Anisia Miranda.
Máis de 30 anos despois, esta institución –que non recibe financiamento público regular que asegure o seu mantemento anual nin o seu futuro– quere reafirmarse na súa independencia económica e cultural e no apoio das xentes comprometidas co país e coa súa cultura e aínda que na actualidade temos unha taxa de autofinanciamento do 75%, cómpre percorrer camiño na procura dun mellor servizo a prol da difusión do legado de Xosé Neira Vilas e de Anisia Miranda.
Facerse Amigo/a da Fundación Xosé Neira Vilas supón estar informado con regularidade das actividades que leva a cabo a nosa entidade. E supón, asimesmo, establecermos unha cooperación que faga posible un mellor espallamento da figura e a obra de Neira Vilas e de Anisia Miranda. Por iso solicitamos que se sabes dalgunha entrevista, reportaxe, artigo de divulgación ou de investigación, nolo fagas saber para tentar así de arriquecer o máis posible o noso arquivo.
Para facerte amigo/a da Fundación Xosé Neira Vilas só tes que adquirir calquera das opcións que che presentamos a continuación.
Máis info sobre as razóns de colaborar, tratamento fiscal, etc en NEIRAVILAS.GAL
Mostrando tódolos 3 resultados