O 3 de novembro de 2024 (Día de Neira Vilas e Día da Lectura) remata o prazo para achegar os orixinais que optan a este novo certame. As obras deberán estar escritas en galego, adscritas ao xénero da novela, conterán entre 150.000 e 300.000 caracteres, está dotado con 6000 euros e o gañador darase a coñecer o 2 de abril (Día do Libro Infantil e Xuvenil).
A Editorial Galaxia publicará o libro gañador na súa colección Costa Oeste. Estes son os datos fundamentais que cómpre saber dun galardón que coñece unha etapa nova, agora da man da citada editorial e da Secretaría Xeral de Lingua da Xunta de Galicia. Substitúe así o anterior Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta, que contou con oito edicións.
Os autores e autoras que concorran deberán ter en conta, ademais, que os orixinais estarán escritos a dobre espazo, en Times New Roman, corpo 14 e sangría en primeira liña de parágrafo, con índice incluído (de o precisar) e debidamente encadernadas, acompañadas dun USB ou calquera outro soporte informático, onde se incluirá a obra en formato PDF. Enviaranse á sede administrativa da Editorial Galaxia, Travesía de Vigo 71,
36206-Vigo.
O obxetivo deste premio reitera o que se buscaba acadar con anterior: estimular a creación literaria, fomentar a lectura en lingua galega e proporcionar ao público xuvenil obras de calidade que o acheguen aos mundos da ficción e a imaxinación.
Poden consultarse as bases completas neste PDF