Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas   Click to listen highlighted text! Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas Powered By GSpeech

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso. Saber máis

Acepto

Perdendo o norte, gaña a quinta edición do galardón convocado pola Fundación Xosé Neira Vilas en colaboracion coa Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia. O texto gañador destaca, en opinión do xurado, pola esmerada explotación dunha situación teatral maxistralmente construída e levada ata o absurdo. residente

Raquel Castro FOTO 2

O acto de entrega do galardón terá lugar na sede da Fundación Xosé Neira Vilas, en Gres, o 24 de maio ás 18:00 h., nunha xornada na que se presentará o libro premiado na edición de 2024: Os dedos e o monstro, de Francisco Antonio Vidal.

Da obra gañadora cómpre salientar, ademais, a súa proposta visual e unsdiálogos curtos que achegan ritmo e axilidade.Estamos ante unha peza de moita actualidade polo tratamento de valores relacionados co medio ambiente e coa paz, pero tamén porque entra nos intereses da rapazada actual, pola proximidade temporal co eclipse de agosto que esperta o gusto pola astronomía neste momento.

O xurado tamén considerou de maneira moi positiva a presentación dos personaxes, a relación entre os nomes dos corpos celestes coa mitoloxía e as lendas, os apuntamentos acerca dos seus movementos, as frases que repite algúns personaxes achegándose ás onomatopeas, así como as recomendacións de atrezzo e música ou a relación co público e a intervención de cada un dos asistentes, que debe escoller cal é o papel que quere desenvolver (astro ou planeta).

Raquel Castro, profesora de Lingua galega e literatura no ensino secundario, e presidenta e fundadora da Asociación Teatral de Alxén dende 1999. Todas as obras que escribe están destinadas a ser interpretadas polo grupo de teatro infanto-xuvenil Ata Semprede dita Asociación. Algunhas das obras que estes nenos e nenas do Grupo de Teatro Ata Semprelevaron a escena recibiron algún premio, por exemplo, As terapias da doutora Lediciativo Mención de Honra nos Premios Estornela de Teatro Infantil (2014), que convocaba a Fundación Xosé Neira Vilas e foi finalista na Gala do Libro Galego 2016 na categoría de Teatro. Desta mesma Gala, pero no ano 2019, foi finalista A formiga fóra do carreiro, obra que acadou un segundo premio como mellor libro de teatro en galego do 2018, en Fervenzas Literarias. Publica en 2021 Dormente,unha peza para a mocidade, coa Editorial Galaxia e no 2022 Planeta Bugallo.

Click to listen highlighted text! Powered By GSpeech