Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas   Click to listen highlighted text! Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas Powered By GSpeech

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso. Saber máis

Acepto

Ensino para místicas, de Álvaro Domínguez, é a obra gañadora do II Premio Xosé Neira Vilas de Literatura Xuvenil, que convocan a Fundación Xosé Neira Vilas e a editorial Galaxia, co apoio da Secretaría Xeral de Lingua da Xunta de Galicia. A novela, que destaca por recrear un hipnótico e escintilante mundo fantástico, sitúa a trama nunha escola de maxia na illa de Tambo dende unha lectura en clave feminista.

Álvaro Domínguez, nacido en Pontevedra en 1986 e residente en Madrid, onde se dedica á docencia, cursou o Máster de Edición da Universidade Autónoma de Madrid, traballou no mundo editorial como lector de manuscritos, corrector e tradutor. Como creador publicou relatos en varios portais dixitais. Na etapa anterior do Premio Neira Vilas, obtivo o galardón en 2022 coa novela Cristais rotos, editada por Embora.

alvaro dominguez irena rega

 

Todo o que fixemos aquela noite, de Irene Rega, que resultou finalista, tamén será publicada por Galaxia. Trátase dun historia de intriga trepidante narrada de maneira de maneira calidoscópica arredor dunha morte sorpresiva.

O xurado nesta segunda edición estivo composto pola poeta Rosalía Morlán, en nome da Fundación Xosé Neira Vilas; Marcos Calveiro, en representación de Galaxia; Armando Requeixo, investigador e crítico literario; e os escritores Gabriel Romero, gañador no ano 2025 deste premio, e Sandra Ferreiro.

Click to listen highlighted text! Powered By GSpeech