Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas   Click to listen highlighted text! Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas Powered By GSpeech

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso. Saber máis

Acepto

Con adaptación e dirección de Cándido Pazó, Memorias dun neno labrego chega aos escenarios teatrais nesta nova versión cando se cumpren dez anos do pasamento de Xosé Neira Vilas. O Salón Teatro, de Santiago de Compostela, acolle este espectáculo o vindeiro 8 de xaneiro, nunha produción do Centro Dramático Galego e a compañía Contraproducións.

O elenco de intérpretes está composto por Xúlio Abonjo, Santi Romay, Manuel Cortés, Federico Pérez Rey, Iris Darriba, Mónica García e Ana Santos. Completan o equipo de profesionais técnicos: Pablo Giráldez "O Pastor", na escenografía e atrezzo; Martina Cambeiro, no vestiario; Xosé Lois Romero, na música; Alfonso Castro, na iluminación e Belén Pichel, como axudante de dirección.

memorias neno labrego

 

Tal como destacan dende a compañía: "Neste espectáculo, seguimos a voz sincera e sensible de Balbino mentres narra a vida cotiá nunha aldea galega dos anos corenta: a escola, a familia, os soños frustrados, as inxustizas sociais e o desexo constante de fuxir dun destino xa escrito. Nesta nova versión teatral do clásico de Neira Vilas, a memoria persoal do neno labrego preséntase como unha memoria colectiva, a desa Galicia rural que se foi diluíndo ou transformando, nun espectáculo que pon en primeiro termo a emoción".

O propio Cándido Pazó estreou en 2011 un monólog co título de Memorias das memorias dun neno labrego, con motivo, naquela altura, dos 50 anos da publicación en Buenos Aires do libro protagonizado polo inesquecible Balbino.

Click to listen highlighted text! Powered By GSpeech