Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas   Click to listen highlighted text! Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas Powered By GSpeech

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso. Saber máis

Acepto

A viveza dos diálogos, o uso intelixente dos recursos escénicos e o hábil emprego do humor son algunhas das cualidades que salientou o xurado desta cuarta edición do galardón, que conta co apoio e a colaboración da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia. Dito xurado estivo composto polos membros do Padroado da Fundación Pilar Sampedro e Fernando Redondo, xunto co dramaturgo e académico da RAG Euloxio Ruibal.

Lidia de la Fuente

A entrega ten lugar o 18 de maio, ás 18.00 na sede da Fundación Xosé Neira Vilas, en Gres (Vila de Cruces). O peche musical do acto está a cargo do cantautor Armando González, quen interpreta varias adaptacións de poemas de Neira Vilas.

            Lidia de la Fuente, natural de Lugo, é licenciada en Humanidades e dedícase profesionalmente ao turismo cultural e a divulgación do patrimonio histórico e artístico de Galicia. Foi integrante de diferentes grupos de teatro amador e cofundadora da compañía Argalleiras, de Chantada. O seu nome únese, deste xeito, aos anteriores gañadores do premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia: María Canosa, con Travesía Unicornio; Ramón D. Veiga, con Medo me dá; e Francisco Antonio Vidal Blanco, con Os dedos e o monstro.

Click to listen highlighted text! Powered By GSpeech