Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas   Click to listen highlighted text! Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas Powered By GSpeech

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso. Saber máis

Acepto

catedrático de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela, Xosé López, impartirá o vindeiro luns 3 de febreiro ás 19:30 horas na Rúa do Vilar, 19 en Santiago de Compostela  a conferencia titulada «A escrita de Neira Vilas no ámbito do xornalismo».

Xose Lopez

Xosé López foi o encargado de prologar a recente reedición, a cargo de Galaxia, de Galegos no Golfo de México, que recolle unha ampla reportaxe sobre os mariñeiros galegos da cidade da Habana e que está considerada unha mostra temperá do Novo Xornalismo en lingua galega.
Pola súa parte, Fernando Redondo, presidente da Fundación Xosé Neira Vilas, ofrecerá previamente unha breve panorámica do labor xornalístico do autor de Gres.

Esta cita forma parte do ciclo de conferencias Os luns do Ateneo organizado polo Ateneo de Santiago e inscríbese no marco da colaboración entre o Ateneo e a Fundación Xosé Neira Vilas. 

Click to listen highlighted text! Powered By GSpeech