Os versos da mariola, poemario de Antón Cortizas inspirado nun bo feixe de xogos tradicionais, dispón xa dunha unidade didáctica á que pode accederse dende a páxina web da Embora Edicións.
Este libro, galardoado no seu día co Premio Arume de Poesía para a Infancia que promove a Fundación Xosé Neira Vilas conxuntamente con Deleite e GÁLIX, expándese agora cara esta nova proposta que permite seguir afondando nos misterios e a beleza da poesía, co foco posto na dimensión lúdica que se acada alí onde se xuntan os xogos e os versos.