Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas   Click to listen highlighted text! Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas Powered By GSpeech

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso. Saber máis

Acepto

Os dedo e o monstro, de Francisco Antonio Vidal Blanco, acaba de ser recoñecida co Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia 2024, un galardón convocado anualmente pola Fundación Xosé Neira Vilas co apoio da Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia co obxectivo de lembrar e honrar a figura de Anisia Miranda.

Francisco Antonio Vidal Blanco Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia 2024

 

A obra premiada destaca, fundamentalmente, pola mestría da súa construción dramática e a habilidade na elaboración dos diálogos a través de frases curtas que axilizan o texto e outorgan dinamismo e diversión. Tamén cómpre salientar o feito de poñer en valor a diversidade e a diferenza entre os iguais a través da metáfora dos dedos, polo recurso de tradicións como as adiviñas e a sortes.

O xurado estivo composto polos membros do Padroado da Fundación Xosé Neira Vilas Pilar Sampedro e Miguel Anxo Fernán Vello, xunto con Euloxio R. Ruibal, dramaturgo e membro da Real Academia Galega.

Francisco Antonio Vidal Blanco posúe unha traxectoria literaria consolidada, tendo sido merecedor de premios como o Laudamuco para textos teatrais do concello de Brión no 2022 ou o Avilés de Taramancos de Relatos de Aventuras no 2003. No ámbito do ensaio, son de resaltar as súas achegas á obra de Murguía e conta con diversas novelas publicadas.

acto de entrega do premio terá lugar o sábado 25 de maio ás 19.00 horas na sede da Fundación Xosé Neira Vilas, en Gres (Vila de Cruces). Ese día presentarase, ademais, o volume premiado na edición anterior: Medo me dá, de Ramón Dominguez Veiga, editado por Embora.

Click to listen highlighted text! Powered By GSpeech