Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas   Click to listen highlighted text! Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas Powered By GSpeech

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso. Saber máis

Acepto

Travesía unicornio, gaña esta primeira edición do galardón convocado pola Fundación Xosé  Neira Vilas en colaboracion coa Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia. A obra premiada, que presenta un alto valor literario como unha das súas primeiras cualidades, parte dunha situación moi teatral para pór en escena unha peza que se vai desenvolvendo cara o absurdo. Cómpre salientar, á súa vez, o tratamento levado a cabo do valor da amizade, abordado con profundiade e sen dogmatismos, como tamén se pón o acento sobre a condición de xénero, a identidade ou o valor da diferenza na caracterización feita dos personaxes. Estes son algúns dos trazos máis salientables de Travesía unicornio, a xuízo dun xurado composto por Dolores Vilavedra, Pilar Sampedro e Miguel Anxo Fernán Vello, que tomou a decisión por unanimidade sobre un total de vinteún orixinais presentados ao certame.

María Canosa

Fotografía de Santiago Garrido

 

María Canosa é autora dunha obra xa consolidada no eido das letras para nenos e nenas. En 2017 gañou o Premio Merlín de Literatura Infantil pola obra Muriel. Tres anos antes, en 2014, fora finalista neste mesmo galardón con Rubicundo. Igualmente, foi finalista ao ano seu seguinte coa novela O cazador de estrelas. No terreo da poesía, logrou en 2009 unha mención no Premio Arume, da Fundación Xosé Neira Vilas, co texto titulado A porta dos soños. En 2011 obtivo o Premio Avelina Valladares co poemario Ronca o mar. A sua experienca como autora para o publico infanto-xuvenil complétase con outras obras de narrativa como As pombas de Bastián, O día que choveu do revés ou O lado do que dormes, entre outros.

A entrega do premio levarase a cabo nun acto que terá lugar o domingo 27 de marzo, Día do Teatro, na sede da Fundación Xosé Neira Vilas, en Gres (Vila de Cruces), ás 17.30 horas. Contará coa interpretación dramatizada de dúas cancións de Neira Vilas extraídas do libro Cantos de Sol a sol (“O meu canciño”, e “Primavera”), a cargo dun grupo de nenos e nenas da Escola de San Miguel de Sarandón, integrada no Colexio Rural Agrupado Boqueixón-Vedra “Xosé Neira Vilas”.

Click to listen highlighted text! Powered By GSpeech