A Fundación Xosé Neira Vilas reabre a súa biblioteca e museo a partir do 19 de maio. Volvé así ao seu horario de atención ao público: de martes a sábado, de 16.00 a 20.00 h. Nesta situación de emerxencia sanitaria na que continuamos, os usuarios e usuarias deberán concertar unha cita previa, ben a través do teléfono 986 58 90 26 ou ben por medio do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Ademais, vaise aplicar o protocolo de prevención e seguridade que rexe para todas as bibliotecas:
- Non será posible facer uso dos ordenadores ou de calquera medio informático
- Non se poderá tocar ningún obxecto (libros, estanterías, mesas, sillas....)
- Os volumes serán solicitados á responsable da biblioteca e subministrados por ela
- Devolución: traer o libro sen empaquetar e introducilo na bolsa indicada, onde permanecerán durante 14 días
No tocante ás visitas ao museo, só poderán levarse a cabo de xeito individual. Así mesmo, e ao igual que viña facéndose até o de agora, non está permitido tocar ningunha peza.