O cantautor Tino Baz, que ía esta en Gres o pasado 21 de marzo, mandou á Fundación Xosé Neira Vilas esta canción extraída do seu traballo "Se cantan, es ti que cantan", adicado a Rosalía de Castro.
INSUAS DE GRES
Se buscas un paraíso
vai a Gres,
verás unha ponte medieval,
verás unhas ínsuas carballeiras:
San Ramón, Namorados, Pachín, Mónica, Palletas.
Todas elas bañadas
polo Ulla, río multiplicado.
Verás as Terras de Gres e de Ledesma.
Se buscas un paraíso terrenal,
auga e vexetación en harmonía,
auga que cantaruxa río abaixo,
natureza esplendorosa,
lugar de paz e ensoñación.
Vai as insuas de Gres,
poético remanso,
verás que as palabras de meu canto
non abondan para dicilo todo,
para contar e cantar tanta beleza.
E o cantautor Tino Baz non puido estar o sábado 21 no Centro Cultural de Gres, pero mandounos este agarimoso saúdo en forma de canción, coa ría de Vigo de fondo.