PREMIO ANISIA MIRANDA DE TEATRO PARA A INFANCIA
- Detalles
A Fundación Xosé Neira Vilas convoca a terceira edición do Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia co apoio da Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia. Lógrase, deste xeito, atender a unha certa carencia que se viña observando no sistema literario galego no tocante a certames que impulsaran a creación de textos dramáticos para os nenos e nenas.
Os orixinais, escritos en lingua galega, terán un máximo de 30.000 caracteres e deben enviarse ao enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., seguindo as indicacións contidas nas bases para asegurar o anonimato das propostas. O prazo para o envío remata o 15 de abril e o acto de entrega terá lugar o 25 de maio.
"Versos (a)variados", de Pablo Nogueira Campo, gañador do Premio Arume
- Detalles
PAULA CARBALLEIRA, PROTAGONISTA DOS ENCONTROS LITERARIOS EN GRES
- Detalles
A Fundación Xosé Neira Vilas acolle o vindeiro domingo 29 de outubro ás 17 horas un encontro con Paula Carballeira, autora dunha salientable produción literaria que destaca polas súas achegas no eido teatral, pero que tamén ten
practicado a narrativa e a poesía.
O seu traballo no mundo da creación abrangue, ademais, o labor desenvolvido na interpretación teatral, a dirección escénica ou a narrativa oral. Entre os galardóns acadados, destaca o Premio Manuel María de Literatura Dramántica Infantil, que logrou en tres ocasións: con Boas noites en 2007, con O refugallo en 2013 e con Somos os monstros en 2019. No ámbito da narrativa, entre as últimas obras publicadas cómpre destacar Pan con chocolate. A merendad e Gianni (2021) e Trece avisos. Contos para ler pola noite (2022)