Termos do servizo
Opera esta web/tenda electrónica a Fundación Xosé Neira Vilas. En toda esta páxina os termos “nós”, “noso” e “A Fundación” refírense á Fundación Xosé Neira Vilas. Toda a información, ferramentas e servizos dispoñibles nesta web están condicionados á aceptación de todos os termos, condicións, políticas e notificacións aquí establecidos.
Ao visitar esta web e/ou mercar algo, aceptas os “Termos de Servizo” e os “Termos” incluídos os termos e condicións adicionais e as políticas ás que se fai referencia neste documento. Estas Condicións de Servizo aplícanse a todas as persoas usuarias, sexan visitantes da web, provedores, clientes, comerciantes, e/ou colaboradores de contido.
Por favor, le estes Termos de Servizo coidadosamente antes de acceder ou utilizar a web e os nosos servizos. Ao acceder ou utilizar calquera parte da mesma aceptas os Termos de Servizo. De non estares de acordo con todos os termos e condicións deste documento, recomendamos que non accedas ás páxinas ou non uses calquera dos servizos.
Calquera función nova ou ferramenta que se engadan á tenda actual, tamén estarán suxeitas aos Termos de Servizo dos que podes revisar a versión actualizada dos mesmos, en calquera momento, nesta páxina. A Fundación ten o dereito de actualizar, cambiar ou substituír calquera parte dos Termos de Servizo mediante a publicación de actualizacións. É responsabilidade túa chequear esta páxina periodicamente para verificar cambios. O uso contínuo que fagas das páxinas ou acceso á web despois da publicación de calquera cambio constitúe a aceptación dos mesmos.
Termos da tenda electrónica
Ao utilizar a tenda declaras que tes polo menos a maioría de idade legal considerada no teu lugar de residencia ou que os teus titores legais deron o seu consentimento para que o fagas.
Non podes usar os nosos produtos con ningún propósito ilegal ou non autorizado nin tampouco podes violar calquera lei na túa xurisdición (incluíndo pero non limitado ás leis de dereito de autor).
Non debes transmitir ningún código de natureza destrutiva.
O incumprimento ou violación de calquera destes Termos darán lugar ao cesamento inmediato do servizo e dos teus dereitos.
Condicións xerais
Reservámonos o dereito de rexeitar a prestación de servizo a calquera persoa, por calquera motivo e en calquera momento.
Entendes que os teus datos poden ser transferidos sen encriptar por medio de varias redes e podemos realizar cambios para axustarse ou adaptarse aos requisitos técnicos de conexión de redes ou dispositivos. A información de cartóns de crédito está sempre encriptada durante a transferencia.
Estás de acordo con non reproducir, duplicar, copiar, vender, revender ou explotar calquera parte dos contidos suxeitos a copyright sen o expreso permiso por escrito da nosa parte ou de quen sexa propietrio dos dereitos.
Exactitude, exhaustividade e actualidade da información
Non nos facemos responsables de que a información dispoñible nesta web non sexa exacta, completa ou actual. Os contimos amosados provense como información xeral e non debe confiarse nela ou utilizarse como a única base para a toma de decisións sen consultar primeiramente información máis precisa. Calquera dependencia na materia desta web é baixo o teu propio risco.
Esta web pode conter certa información histórica. A información histórica, non é necesariamente actual e amósase unicamente para a túa referencia. Reservámonos o dereito de modificar os contidos da web en calquera momento mais non temos obriga de actualizar calquera información no noso sitio. Aceptas que é da túa responsabilidade atender aos cambios que se produzan na web.
Modificacións dos servizos e prezos
Os prezos dos nosos produtos están suxeitos a cambio sen aviso.
Reservámonos o dereito de modificar ou discontinuar un servizo (ou calquera parte do contido) en calquera momento sen aviso previo.
Non seremos responsables diante túa ou terceira parte por calquera modificación, cambio de prezo, suspensión ou descontinuidade do Servizo.
Devolucións
Podes devolver o teu pedido nun prazo de 30 días desde a recepción do envío (sempre que os produtos non estean usados, ou modificados e se atopen en perfectas condicións). Envíanolos co albará de entrega indicándonos por cal/es produto/s desexas cambialos ao seguinte enderezo:
Casa do Romano, Gres, no Nº 9, 36587 en Vila de Cruces
Pagarás ti os gastos de envío xerados agás no caso de que o/s produto/s este/an deteriorados, que de ser así pagarémolos nós.
Poderás cambiar os artigos tantas veces o desexes, pero non devolvemos o importe.
Produtos ou servizos (cando sexa aplicable)
Certos produtos poden ter cantidades limitadas e estar suxeitas a devolución ou cambio, só baixo a nosa política de devolución (no punto anterior).
Ainda que se fai un esforzo por amosar os produtos coa maior precisión de imaxe posible, non podemos garantir que o monitor da túa computadora mostre as cores de maneira exacta.
Reservámonos o dereito, pero non estamos obrigados, para limitar as vendas dos nosos produtos ou servizos a calquera persoa, rexión xeográfica ou xurisdición. Podemos exercer este dereito baseados en cada caso. Reservámonos o dereito de limitar as cantidades dos produtos ou servizos que ofrecemos. Todas as descricións de produtos ou prezos dos produtos están suxeitos a cambios en calquera momento sen previo aviso, á nosa soa discreción. Reservámonos o dereito de discontinuar calquera produto en calquera momento. Calquera oferta de produto feito nesta tenda debe considerarse nuls onde estea prohibido.
Non garantimos que a calidade dos produtos, servizos, información ou outro material comprado ou obtido por ti cumpra coas túas expectativas, ou que calquera erro no Servizo será corrixido.
Exactitude de facturación e información da conta
Reservámonos o dereito de rexeitar calquera pedido que realice. Podemos, á nosa discreción, limitar ou cancelar as cantidades compradas por persoa ou por pedido. Estas restricións poden incluír pedidos realizados por ou baixo a mesma conta de cliente, o mesma cartón de crédito, e/ou pedidos que utilizan a mesma facturación e/ou dirección de envío.
No caso de que fagamos un cambio ou cancelemos unha orde, podemos tentar notificarcho póndonos en contacto vía correo electrónico e/ou dirección de facturación / número de teléfono proporcionado no momento que se fixo pedido.
Pola túa parte, comprométeste a proporcionar información actual, completa e precisa en todas as compras realizadas na nosa tenda e a actualizar na túa as túas informacións, incluíndo o enderezo de correo electrónico, números de cartóns de crédito para que nós poder completar as túas transaccións e contactar contigo cando sexa necesario.
Para máis detalles, por favor revisa a nosa Política de Devolucións (neste documento, máis arriba).
Ferramentas opcionais
Podería suceder que proporcionasemos acceso a ferramentas de terceiros aos que non monitoreamos e sobre os que non temos control. Aceptas que proporcionamos acceso a este tipo de ferramentas sen garantías, representacións ou condicións de ningún tipo e sen ningún respaldo. Non teremos responsabilidade ningunha derivada ou relacionada co uso que fagas de ferramentas proporcionadas por terceiras partes.
É posible que no futur ofrezamos novos servizos e/ou características na web (incluíndo o lanzamento de novas ferramentas e recursos). Estas novas caraterísticas e/ou servizos tambien estarán suxeitos a estes Termos de Servizo.
Ligazóns a terceiras partes
Algúns contidos, produtos e servizos dispoñibles na nosa web poden incluír material de terceiras partes.
Ligazóns a terceiras partes nesta web poderían dirixirte por erro a webs que non están afiliadas connosco. Non podemos responsabilizamos de examinar ou avaliar o contido ou exactitude e non garantimos nin teremos ningunha obriga ou responsabilidade por calquera información en webs de terceiros ou calquera material, produtos ou servizos que podan conter os mesmos.
Non nos facemos responsables de calquera dano relacionado coa adquisición ou utilización de bens, servizos, recursos, contidos, ou calquera outra transacción realizadas en conexión con webs de terceiros. Queixas, reclamacións ou preguntas en relación a produtos de terceiros deben ser dirixidas á terceira parte.
Información persoal
A túa información persoal nesta web réxese pola nosa Política de Privacidade. Podes vela aquí.
Erros, inexactitudes e omisións
Pode haber información na web ou no Servizo que contña erros tipográficos, inexactitudes ou omisións que poidan estar relacionadas coas descricións de produtos, prezos, promocións, gastos de envío do produto, tempo de tránsito e a dispoñibilidade. Reservámonos o dereito de corrixir os erros, inexactitudes ou omisións e de cambiar ou actualizar a información ou cancelar pedidos se algunha información é inexacta en calquera momento e sen aviso previo, mesmo despois de enviares a túa orde de compra.
Non asumimos obriga ningunha de actualizar, corrixir ou aclarar a información na web, incluíndo a información de prezos, excepto cando sexa requirido pola lei. Ningunha especificación actualizada ou data de actualización aplicada debe ser tomada como base para entender que toda a información da web foi modificada ou actualizada.
Usos prohibidos
Engádense outras prohibicións ás establecidas no Termos de Servizo. Asi, prohíbese o uso da web ou do seu contido:
- para ningún propósito ilegal
- para pedirlle a outros que realicen ou participen en actos ilícitos
- para violar calquera regulación, regras, leis internacionais, federais, provinciais ou estatais, ou ordenanzas locais
- para infrinxir ou violar o dereito de propiedade intelectual
- para acosar, abusar, insultar, danar, difamar, calumniar, desprestixiar, intimidar ou discriminar por razóns de xénero, orientación sexual, relixión, etnia, raza, idade, nacionalidade ou discapacidade
- para presentar información falsa ou enganosa
- para cargar ou transmitir virus ou calquera outro tipo de código malicioso que sexa ou poida ser utilizado en calquera forma que comprometa a funcionalidade ou o funcionamento da web e dos servizos, outras webs ou a propia Internet
- para recoller ou rastrexar información persoal doutros
- para xerar spam, phish, pharm, pretext, spider, crawl, ou scrape
- para interferir con ou burlar os elementos de seguridade da web, outras webs ou Internet.
Reservámonos o dereito de suspender o uso da web por violar calquera dos ítems dos usos prohibidos.
Exclusión de garantías e limitación de responsabilidades
Non garantimos nin aseguramos que o uso do noso servizo será ininterrompido, puntual, seguro ou libre de erros.
Non garantimos que os resultados que se poidan obter do uso do servizo serán exactos ou confiables.
Aceptas que de cando en vez quitemos o servizo por períodos de tempo indefinidos ou cancelalo en calquera momento sen previo aviso.
Aceptas expresamente que o uso de, ou a posibilidade de utilizar, o servizo é baixo o teu propio risco. O servizo e todos os produtos e servizos proporcionados a través do mesmo son, salvo o expresamente manifestado por nós, proporcionados ‘tal cal’ e ‘segundo estea dispoñible’ para o seu uso, sen ningún tipo de representación, garantías ou condicións de ningún tipo, xa sexa expresa ou implícita, incluídas todas as garantías ou condicións implícitas de comercialización, calidade comercializable, a aptitude para un propósito particular, durabilidad, título e non infracción.
En ningún caso a Fundación Xosé Neira Vilas, será responsable por calquera dano, perda, reclamo, ou danos directos, indirectos, incidentales, punitivos, especiais ou consecuentes de calquera tipo, incluíndo, sen limitación, perda de beneficios, perda de igresos, perda de aforros, perda de datos, custos de substitución ou calquera dano similar, xa sexa baseado en contrato, agravio (incluíndo neglixencia), responsabilidade estrita ou doutra maneira, como consecuencia do uso de calquera dos servizos ou produtos adquiridos mediante o servizo, ou por calquera outro reclamo relacionado dalgunha maneira co uso do servizo ou calquera produto, incluíndo pero non limitado, a calquera erro ou omisión en calquera contido, ou calquera perda ou dano de calquera tipo incorridos como resultados da utilización do servizo ou calquera contido (ou produto) publicado, transmitido, ou que se poñan a disposición a través do servizo, mesmo se se avisa da súa posibilidade. Debido a que algúns estados ou xurisdicións non permiten a exclusión ou a limitación de responsabilidade por danos consecuenciales ou incidentales, en tales estados ou xurisdicións, a nosa responsabilidade limitarase na medida máxima permitida pola lei.
Rescisión
Estas Condicións de servizo son efectivas polo menos ata que ti ou nós as deamos por rematadas. Podes terminar esta relación de acordo nos Termos de Servizo en calquera momento avisando de que xa non desexas utilizar os nosos servizos, ou simplemente cando deixes de usar a nosa web e servizos.
Se ao noso xuízo, fallas, ou se sospeita que fallaches no cumprimento de calquera termo ou disposición destas Condicións de Servizo poderemos rematar este acordo sen previo aviso mais seguirás sendo responsable das cantidades que debas.
Acordo completo
Calquera posible fallo pola nosa parte en exercer ou facer valer calquera dereito ou disposición destas Condicións de Servizo non constituirá unha renuncia a tal dereito ou disposición.
Estas Condicións do servizo e as políticas de operación publicadas nesta web constitúen o acordo completo e o entendemento entre ti e nós e rexen o uso do Servizo, substituindo calquera outro acordo, comunicación ou propostas anterior dos Termos de Servizo.
Calquera ambigüidade na interpretación destas Condicións do servizo non se interpretarán en contra do grupo de redacción.
Lei
Estas Condicións de Servizo e calquera acordo por medio do cal vendemos produtos ou prestamos un servizo rexeranse e interpretaranse en conformidade coas leis aplicables no Concello de Vila de Cruces, lugar onde ten a sede a Fundación Xosé Neira Vilas.
Contacto
As preguntas e informacións relacionadas cos Termos de Servizo responderémolas en fundacion@neiravilas.gal