Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas   Click to listen highlighted text! Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas Powered By GSpeech

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso. Saber máis

Acepto

A Fundación Xosé Neira Vilas e a Editorial Galaxia, coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, convocan a segunda edición do premio que leva o nome do autor de Memorias dun neno labrego. Trátase dunha iniciativa que ten como obxectivo estimular a creación literaria, fomentar a lectura en lingua galega e proporcionar ao público xuvenil obras de calidade que o acheguen aos mundos da ficción e a imaxinación da novela.

Premio Xose Neira Vilas

 

Os obras, que deberán ser orixinais e non premiadas noutros certames, terán unha extensión que abranguerá entre entre un mínimo de 120.000 caracteres e un máximo de 200.000 caracteres, incluídos espazos, aínda que o xurado poderá considerar con flexibilidade esta condición, conforme á calidade dos textos. Serán, ademais, obras de creación literaria adscritas ao xénero de novela e dirixidas ao lectorado xuvenil. O prazo de recepción das obras finaliza o día 15 de xaneiro de 2026.

O Premio Xosé Neira Vilas de Literatura Xuvenil está dotado con 6000 euros mais a publicación da obra gañadora por parte da Editorial Galaxia, que tamén se fará cargo da edición do libro que o xurado designe como finalista. Cabe a posiblidade, de darse o caso, de que o premio sexa declarado deserto.

O xurado estará conformado por cinco membros de recoñecido prestixio na literatura xuvenil, dous escollidos pola Fundación Neira Vilas, dous por Editorial Galaxia, un dos cales realizará funcións de secretario, e un pola Secretaría Xeral da LIngua. A súa composición farase pública no momento da resolución do premio, o 2 de abril de 2026, día do Libro Infantil e Xuvenil.

Poden consultarse as bases completas neste PDF

Click to listen highlighted text! Powered By GSpeech