Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas   Click to listen highlighted text! Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas Powered By GSpeech

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso. Saber máis

Acepto

A FUNDACIÓN XOSÉ NEIRA VILAS RECIBE A ROSA ANEIROS

Encontro RosaAneiros 24-11-2019 

No marco dos Encontros Literarios en Gres, o vindeiro domingo 24 de novembro ás 17:00 h., a Fundación Xosé Neira Vilas, situada en Gres (Vila de Cruces, Pontevedra) recibirá a Rosa Aneiros. Trátase da segunda sesión deste programa que comezou co coloquio mantido con Lois Alcayde e que coincidiu coa lembranza adicada a Anisia Miranda, de quen se cumpriron dez anos do seu pasamento.

Coa lectura do xa célebre “Eu son Balbino, un rapaz da aldea…” arrincou o pasado 3 de novembro a homenaxe anual que amigos, admiradores, lectores e lectoras adican á figura de Neira Vilas co gallo do aniversario do seu nacemento. A sede da fundación acolleu nesta ocasión a lectura pública e continuada de Memorias dun neno labrego, coa que deixar constancia da frescura e a vixencia dun clásico das nosas letras.

Foto para nova dia Neira Vilas 2019 

O xurado da cuarta edición do Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta, que se convoca en colaboración co concello de Vila de Cruces, decidiu por unanimidade concederlle o galardón á obra “Esca” do autor Antonio Piñeiro. A sesión celebrouse no compostelán Pazo de San Roque e o xurado estivo integrado polos membros da Fundación Xosé Neira Vilas Juan Andrés Fernández, Rosalía Morlán, Pilar Sampedro e Fernando Redondo, así como polo crítico literario e profesor universitario Armando Requeixo.

[Imaxe: Fundación Neira Vilas] Xurado Premio Xosé Neira Vilas

Pasados xa dez anos do seu pasamento, a figura esencial de Anisia Miranda, foi recordada no cemiterio, onde repousa ao lado do seu compañeiro, Neira Vilas, por amigos, admiradores e familiares nun sencillo e emotivo acto adicado á súa memoria. Á ofrenda floral, a cargo da Fundación Xosé Neira Vilas, seguiu unha lectura pública dalgúns dos seus textos.

recordo 10 anos anisia

Presentouse o libro Co pai, un conxunto de lembranzas que o autor de Memorias dun neno labrego deixou escritas antes do seu pasamento, acontecido en 2015, nas que rememora experiencias, traballos e reflexións artelladas arredor da figura do seu pai. No acto, que tivo lugar no Auditoria Neira Vilas da Cidade da Cultura, participaron Víctor Freixanes, presidente da Real Academia Galega; Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia; Dolores Vilavedra, autora do estudo introductorio da obra, e Fernando Redondo Neira, presidente da Fundación Xosé Neira Vilas.

Click to listen highlighted text! Powered By GSpeech