- Detalles
O obxectivo do certame é estimular a creación literaria, fomentar a lectura en lingua galega e proporcionar ao público infantil, xuvenil e adulto obras de calidade que o acheguen aos mundos da ficción e a imaxinación da novela.
- Detalles
A Fundación Xosé Neira Vilas reabre a súa biblioteca e museo a partir do 19 de maio. Volvé así ao seu horario de atención ao público: de martes a sábado, de 16.00 a 20.00 h. Nesta situación de emerxencia sanitaria na que continuamos, os usuarios e usuarias deberán concertar unha cita previa, ben a través do teléfono 986 58 90 26 ou ben por medio do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Ademais, vaise aplicar o protocolo de prevención e seguridade que rexe para todas as bibliotecas:
- Non será posible facer uso dos ordenadores ou de calquera medio informático
- Non se poderá tocar ningún obxecto (libros, estanterías, mesas, sillas....)
- Os volumes serán solicitados á responsable da biblioteca e subministrados por ela
- Devolución: traer o libro sen empaquetar e introducilo na bolsa indicada, onde permanecerán durante 14 días
No tocante ás visitas ao museo, só poderán levarse a cabo de xeito individual. Así mesmo, e ao igual que viña facéndose até o de agora, non está permitido tocar ningunha peza.
- Detalles
O cantautor Tino Baz, que ía esta en Gres o pasado 21 de marzo, mandou á Fundación Xosé Neira Vilas esta canción extraída do seu traballo "Se cantan, es ti que cantan", adicado a Rosalía de Castro.
- Detalles
Perante a crise sanitaria que estamos a padecer, o padroado da Fundación Xosé Neira Vilas decidiu adiadar as actividades que estaban programadas para este mes de marzo: a celebración do Día Mundial da poesía, o sábado 21 de marzo, coa presenza do cantautor Tino Baz, e o Encontro Literario en Gres, o sábado 29 de marzo, co escritor Miguel Anxo Fernández. Asimesmo, tamén se cancelou a presentación do libro Co pai, prevista para osábado 14 en Ponteceso, enmarcada no programa “Cova Cética”. Confiamos en poder fixar ambos os dous eventos en novas datas e recuperar canto antes o traballo que levamos a cabo dende o Centro Cultural de Gres.
- Detalles
A sede da Fundación Xosé Neira Vilas en Gres, casa natal do autor de ‘Memorias dun neno labrego’ será un ano máis un dos destinos das excursións que poden solicitar as asociacións da provincia de Pontevedra dentro do programa ‘En Ruta coa Depo’.
Páxina 9 de 11