- Detalles
A escritora Anisia Miranda, quen fora fundadora e vicepresidenta da Fundación Xosé Neira Vilas, será obxecto dunha homenaxe o próximo 18 de outubro ás 18.45 en Gres. Baixo o lema “Doce anos lembrando a Anisia”, a nosa fundación únese á iniciatiava da Biblioteca Nacional de conmemorar nesta xornada o “Día das Escritoras”, sendo unha das seis entidades que, en Galicia, se adhiren a esta celebración.
- Detalles
Plarapluie, de Ramón D. Veiga, e A flor da letra, de Manuel López Rodríguez, resultaron gañadores do Premio Arume de Poesía para a Infancia que promoven conxuntamente a Fundación Xosé Neira Vilas, a asociación GÁLIX e a empesa Deleite.
Os poemarios premiados, que serán publicados pola editorial Embora, comparten unha mesma arela provocativa, arriscada e de notable creatividade.
Plarapluie, de Ramón D. Veiga, que xa conta cunha boa cantidade de obra infantil (Violeta quere ser vampiro, É tempo de Enroido!, A araña que lles tiña medo ás arañas, Meigas fóra! e Non pare a festa) é un libro divertido e provocador no que se busca a risa pola extravagancia e a complicidade cos pequenos lectores e lectoras.
- Detalles
A Fundación Xosé Neira Vilas pón a disposición do público en xeral o Caderno de Gres, unha publicación que recolle unha homenaxe a Isaac Díaz Pardo, no centenario do seu nacemento, a testemuña encol da pegada literaria do autor de Memorias dun neno labrego en tres escritores actuais e un anaco do inédito Dietario derradeiro, do propio Neira Vilas.
Imaxe de José Ramón Moire Silva
Trátase dunha iniciativa levada a cabo ao abeiro do programa Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo21, da Consellería de Cultura.
- Detalles
O obxectivo do certame é estimular a creación literaria, fomentar a lectura en lingua galega e proporcionar ao público infantil, xuvenil e adulto obras de calidade que o acheguen aos mundos da ficción e a imaxinación da novela.
O premio entrégase cada 3 de novembro, coincidindo co aniversario do nacemento de Xosé Neira Vilas, unha efemérede que, ademais, deu lugar a que, a partir do 2021, sexa considerado como Día do Lector e da Lectora no Calendario da Lectura
- Detalles
O Premio Arume de Poesía para a Infancia foi creado por Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda coa finalidade de apoiar a poesía infantil e que tivo a súa primeira edición hai xa vinte anos. Retómase agora como unha iniciativa conxunta entre GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), a empresa Deleite e a Fundación Xosé Neira Vilas
Foi, no seu momento, o único certame de poesía para a infancia en Galicia, feito que lle confería un brillo especial (e dúas décadas máis tarde continuaría a selo). Nel participaron escritores e escritoras consagradas, e tamén noveis.
Páxina 7 de 11