Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas   Click to listen highlighted text! Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas Powered By GSpeech

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso. Saber máis

Acepto
Xa temos obra gañadora da VI edición do Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta.
 
"Off the record" de Virxilio Rodríguez Vázquez, profesor de Dereito Penal na Universidade de Vigo.
 
O xurado destacou o acerto na recreación dunha trama investigadora que transcorre na Galicia bonaerense e que ten na desaparición dun personaxe de ascendencia sefardí a cerna da súa intriga.
 
XURADO 1
Reunión, na tarde do venres, do xurado do premio: Armando Requeixo, Henrique Neira, Juan Andrés Fernández e Fernando Redondo.

O vindeiro 3 de Novembro celébrase o Día de neira Vilas. Dende as 17.00 h farase unha lectura continuada de Memorias dun neno labrego ata ler o libro enteiro  na sede da Fundación.

Dia Neira Vilas 2021

A Fundación Xosé Neira Vilas convoca a segunda edición do Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia co apoio da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia. Lógrase, deste xeito, atender a unha certa carencia que se viña observando no sistema literario galego no tocante a certames que impulsaran a creación de textos dramáticos para os nenos e nenas. Noutra orde de cousas, a imaxe gráfica do premio é unha creación do ilustrador e artista Xosé Vizoso, quen tivo como mestre a Isaac Díaz Pardo, foi deseñador de Sargadelos e, na actualidade, forma parte do padroado da Fundación Xosé Neira Vilas.

medalla anisia premio

A escritora Anisia Miranda, quen fora fundadora e vicepresidenta da Fundación Xosé Neira Vilas, será obxecto dunha homenaxe o próximo 18 de outubro ás 18.45 en Gres. Baixo o lema “Doce anos lembrando a Anisia”, a nosa fundación únese á iniciatiava da Biblioteca Nacional de conmemorar nesta xornada o “Día das Escritoras”, sendo unha das seis entidades que, en Galicia, se adhiren a esta celebración.

FOTO ANISIA

Plarapluie, de Ramón D. Veiga, e A flor da letra, de Manuel López Rodríguez, resultaron gañadores do Premio Arume de Poesía para a Infancia que promoven conxuntamente a Fundación Xosé Neira Vilas, a asociación GÁLIX e a empesa Deleite.

Os poemarios premiados, que serán publicados pola editorial Embora, comparten unha mesma arela provocativa, arriscada e de notable creatividade. 

foto premio arume

Plarapluie, de Ramón D. Veiga,  que xa conta cunha boa cantidade de obra infantil (Violeta quere ser vampiro, É tempo de Enroido!, A araña que lles tiña medo ás arañas, Meigas fóra! e Non pare a festa) é un libro divertido e provocador no que se busca a risa pola extravagancia e a complicidade cos pequenos lectores e lectoras.

Click to listen highlighted text! Powered By GSpeech