Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas   Click to listen highlighted text! Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas Powered By GSpeech

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso. Saber máis

Acepto

O poemario Latexos, de Beatriz Dourado, resultou gañador do Premio Arume de Poesía para a Infancia que organizan conxuntamente a Fundación Xosé Neira Vilas, a empresa Deleite e a asociación do libro infantil e xuvenil GALIX. En opinión do xurado, o poemario destaca polo intelixente e suxestivo uso de recursos diversos como as onomatopeias, anáforas ou metáforas que constrúen un universo poético engaiolante para o público novo, co que busca establecer un diálogo. A entrega ten lugar o 13 de decembro ás 19.00 h. no Auditorio Neira Vilas, da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. Preséntase o libro Versos (a)variados, de Pablo Nogueira, gañador da edición anterior.

Beatriz Dourado Premio Arume poesía 2024

 

            Na traxectoria literaria de Beatrizo Dourado cabe salientar o Premio Florencio Delgado Gurriarán de 2023 polo poemario Ancorar toda esta auga, así como tamén outros certames de poesía, como o María Marió ou o Avelino Díaz. É autora, ademais, do libro de poesía IntraGUERRAS. Ten tamén publicados relatos curtos en obras colectivas tales como Viaductos (2017) ou Historias no camiño (2021).

            O nome de Beatriz Dourdo únese deste xeito aos galardoados nas tres edicións anteriores, que foron, ademais do citado Versos (a)variados, Parapluie, de Ramón D. Veiga, e A flor da letra, de Manuel López en 2021 e Os versos da mariola, de Antón Cortizas en 2022.

            O premio Arume de poesía, o único en Galicia dirixido especificamente á infancia, é unha iniciativa conxunta da Fundación Xosé Neira Vilas, a empresa Deleite e a asociación GALIX. Deleite é unha empresa galega recoñecida polo seu compromiso con todas e cada unha das actividades e proxectos nos que a combinación sexa cultura / lingua galega – infancia / xuventude. No tocante a GALIX, sección galega da OEPLI (Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil) e representación do ámbito lingüístico galego no IBBY (International Board on Books for Young People), ten entre as súas finalidades a “visibilización” do libro infantil e xuvenil en galego.

Click to listen highlighted text! Powered By GSpeech