Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas   Click to listen highlighted text! Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas Powered By GSpeech

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso. Saber máis

Acepto

O novelista Miguel Anxo Fernández será o primeiro convidado nesta nova xeira

A Fundación Xosé Neira Vilas retoma os Encontros Literarios en Gres coa presenza do historiador, crítico cinematográfico e novelista Miguel Anxo Fernández. O encontro terá lugar o domingo 26 de xuño ás 19.00 horas na Casa do Romano, sede da Fundación en Gres.

 

Miguel Anxo Fernadez

 

Miguel Anxo Fernández ten destacado como autor de novela negra, xénero ao que se adscriben as seis entregas que saíron á luz ata o de agora. Da primeira delas, Un nicho para Marilyn (Premio Manuel García Barros 2002), cúmprense precisamente agora vinte anos. Logo virían, Luar no inferno (2006), Tres disparos e dous friames (2008), Lume de cobiza (2011), Bícame, Frank (2013) e Un dente sen cadáver (2016). Todas elas están protagonizadas polo detective Frank Soutelo, un detective californiano de orixe galega, e todas están publicadas pola Editorial Galaxia. Para o próximo outono está prevista a saída do novo título da serie: A conxura dos sete.

A influencia do cine na súa escrita tamén se deixa ver noutros títulos da súa narrativa como O espido de Gina (2014), Blues para Moraima (Premio Blanco Amor de Novela 2016) ou os relatos de Capitol, última sesión (2004). Ademais, da súa faceta de historiador logrou sacar proveito para o primeiro libro de relatos que sacou do prelo: os contos baseados na invasión napoleónico que conforma o volume O sabre do francés (2002, reeditado con novas achegas en 2012)

Os Encontros Literarios en Gres están concibidos como parladoiros que a Fundación Xosé Neira Vilas organiza con destacados escritores e escritoras que partillan a súa experiencia creativa co público. A influencia da obra do autor de Gres na súa obra, a súa maneira de entender o traballo da escrita ou a evolución que experimenta a súa produción literaia, son algúns dos temas que se abordan nestes encontros.

Anteriormente, participaron nestes encontros Lois Alcayde, Rosa Aneiros e Antía Yáñez. A testemuña que nos deixaron da influencia de Neira Vilas na súa obra está recollida no volume Caderno de Gres, disponible na seguinte ligazón: http://neiravilas.gal/index.php/gl/neira-vilas/obra/lembranzas/344-caderno-de-gres

Click to listen highlighted text! Powered By GSpeech