Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas   Click to listen highlighted text! Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas Powered By GSpeech

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso. Saber máis

Acepto

Ramón D. Veiga, por Parapluie, e Manuel López Rodríguez, por A flor da letra, recolleron o 17 de decembro en Santiago os galardóns do Premio Arume de Poesía para a Infancia que promoven conxuntamente a Fundación Xosé Neira Vilas, a asociación GÁLIX e a empresa Deleite. Os libros premiados nesta edición serán editados por Edicións Embora.

foto entrega premio Arume

Parapluie, de Ramón D. Veiga, que xa conta cunha boa cantidade de obra infantil (Violeta quere ser vampiro, É tempo de Entroido!, A araña que lles tiña medo ás arañas, Meigas fóra! e Non pare a festa) é un libro divertido e provocador no que se busca a risa pola extravagancia e a complicidade das rapazas e dos rapaces. A súa é unha linguaxe áxil e de calidade, na que os recursos poéticos están moi ben empregados a sonoridade envolve os versos.

A flor da letra, de Manuel López Rodríguez, quen conta xa con varios premios de poesía no seu haber (o Suso Vaamonde, López Ardeiro, Eduardo Pondal ou Concello de Carral, entre outros), supón a súa primeira incursión na literatura infantil. A obra constitúe unha singular homenaxe á poesía establecendo un diálogo con poetas relevantes da literatura galega. O ritmo introdúcenos nunha proposta unitaria, cunha rica linguaxe conceptual e variados recursos que nos conducen á oralidade e participación coral.

O acto de entrega dos galardóns desenvolveuse no Auditorio Neira Vilas, da Cidade da Cultura compostelá, e contou co acompañamento musical do cantautor Manoele de Felisa, quen en 2014 lles puxo música ás poesías de Xosé Neiras Vilas recollidas no volume 'Cantos de lembranza'.

Nesta nova etapa dos premios Arume, o único en Galicia dirixido especificamente á infancia, a Fundación Xosé Neira Vilas suma esforzos con Deleite, unha empresa galega recoñecida polo seu compromiso c con todas e cada unha das actividades e proxectos nos que a combinación sexa cultura / lingua galega – infancia / xuventude. No tocante a GÁLIX, sección galega da OEPLI (Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil) e representación do ámbito lingüístico galego no IBBY (International Board on Books for Young People), lembremos que entre as súas finalidades a “visibilización” do libro infantil e xuvenil en galego.

Click to listen highlighted text! Powered By GSpeech