Xa temos obra gañadora da VI edición do Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta.
"Off the record" de Virxilio Rodríguez Vázquez, profesor de Dereito Penal na Universidade de Vigo.
O xurado destacou o acerto na recreación dunha trama investigadora que transcorre na Galicia bonaerense e que ten na desaparición dun personaxe de ascendencia sefardí a cerna da súa intriga.
Foto do autor premiado realizada por Brais Lorenzo
O galardón será entregado o mércores 3 de novembro coincidindo coa conmemoración do #3novDíadeNeiraVilas #díadolector #díadalectora