Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas   Click to listen highlighted text! Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas Powered By GSpeech

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso. Saber máis

Acepto

A Fundación Xosé Neira Vilas convoca a primeira edición do Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia co apoio da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia. Lógrase, deste xeito, atender a unha certa carencia que se viña observando no sistema literario galego no tocante a certames que impulsaran a creación de textos dramáticos para os nenos e nenas. Noutra orde de cousas, a imaxe gráfica do premio é unha creación do ilustrador e artista Xosé Vizoso, quen tivo como mestre a Isaac Díaz Pardo, foi deseñador de Sargadelos e, na actualidade, forma parte do padroado da Fundación Xosé Neira Vilas.

medalla anisia premio

Os orixinais, escritos en lingua galega, terán un máximo de 30.000 caracteres e deben enviarse ao enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., seguindo as indicacións contidas nas bases para asegurar o anonimato das propostas. O prazo para o envío remata o 24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro, e o acto de entrega do premio está previsto para o 27 de marzo, Día do Teatro. O galardón está dotado con 1.000 euros e a súa publicación estará a cargo da Edicións Embora, ao igual que os outros dous certames que promove a fundación: o Xosé Neira Vilas de Novela Curta e o Arume de poesía, neste caso en colaboración con GÁLIX e a empresa Deleite.

 

SE O DESEXA PODE DESCARGAR AS BASES (PDF)

Click to listen highlighted text! Powered By GSpeech