Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas   Click to listen highlighted text! Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas Powered By GSpeech

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso. Saber máis

Acepto

A escritora Anisia Miranda, quen fora fundadora e vicepresidenta da Fundación Xosé Neira Vilas, será obxecto dunha homenaxe o próximo 18 de outubro ás 18.45 en Gres. Baixo o lema “Doce anos lembrando a Anisia”, a nosa fundación únese á iniciatiava da Biblioteca Nacional de conmemorar nesta xornada o “Día das Escritoras”, sendo unha das seis entidades que, en Galicia, se adhiren a esta celebración.

FOTO ANISIA

 

A presentación oficial do Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia constitúe o o acto central desta xornada. Este novo galardón conta co apoio da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia. O Secretario Xeral, Anxo Lorenzo, estará na sede da fundación para anunciar a posta en marcha dun premio que se une aos outros que organiza a Fundación, como o Xosé Neira Vilas de Novela Curta ou o Arume de Poesía, en colaboración con GÁLIX e Deleite. 

O acto comezará ás 18.45 h. cunha ofrenda floral no cemiterio parroquial de Gres, onde se recitarán poemas inéditos de Anisia Miranda, e continuará na sede da fundación, coa lectura de fragmentos dun dos seus libros máis senlleiros: Mitos e lendas da vella Grecia. A clausura musical desta xornada estará a cargo dun grupo de cámara composto por integrantes da Banda de Música de Ponte Ledesma.

Click to listen highlighted text! Powered By GSpeech