O día de Reis de 1961 saiu do prelo a primeira edición dun libro no que un neno afirmaba escribir nun caderno aquilo que ía observando e aprendendo da súa experiencia vital, na Galicia rural dos anos corenta do século pasado. 60 anos despois, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, en colaboración coa Fundación Xosé Neira Vilas, conmemorou esta data no auditorio que leva o nome do autor de Gres na Cidade da Cultura.
Sobre os valores literarios e sociolóxicos do libro, o seu proceso de creación o a súa vixencia nos tempos actuais falaron, por orde de intervención: Román Rodríguez, conselleiro de Cultura; Fernando Redondo, presidente da Fundación Neira Vilas; Víctor Freixanes, presidente da Real Academia Galega; María Victoria Alonso, deputada de Cultura da Deputación de Pontevedra e Antón Vida, presidente de Editorial Galaxia. O dramaturgo e actor teatral puxo en escena unha versión reducida do seu aclamado espectáculo Memorias das memorias dun nenAo labrego, namentres que Manoele de Felisa e Roi Casal ofreceron senllas actuacións musicais con temas compostos a partir de poemas de Neira Vilas.
Ademais, presentouse un adianto do documental Un legado de futuro, realizado por Silvia Brun, no que se recolle un percorrido pola historia da Fundación Xosé Neira Vilas e polo seu labor na divulgación da obra do autor de obras tan recordadas polo público lector como Querido Tomás. O acto contou coa presentación de Belén Xestal.