Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas   Click to listen highlighted text! Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas Powered By GSpeech

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso. Saber máis

Acepto

A novelista, poeta e editora Diana Varela Puñal resultou gañadora da quinta edición do Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta para nenos e adolescentes pola obra A conxura. A novela impúxose así a un total de quince orixinais que foron avaliados nesta ocasión por un xurado formado polos membros do membros do Padroado da Fundación Xosé Neira Vilas, Rosalía Morlán, Juan Andrés Fernández, e polo crítico Armando Requeixo.

Premio Neira Vilas 2020

A conxura constrúe un universo narrativo que se move axilmente entre o imaxinativo e o fantástico, habitado por personaxes hipnóticos e fascinantes, con desricións luminosas e unha estrutura feita a base de anacos narrativos que, malia a súa certa autonomía, logran enfiar con solvencia o inicio e o final. A trama resólvese, ademais, dun xeito maxistral, unindo aquí aos variados recursos literarios empregados outros procedentes dos eidos da música ou do cinema.

Diana Varela Puñal suma o premio Neira Vilas a outros logrados anteriormente como o Premio de Poesía Díaz Jácome por Afirmación en nove contos e o Premio de Poesía Uxío Novoneyra polo poemario Fíos. Ademais, xa fora galardoada no 2012 co Premio Estornela de Teatro por Arlequino Viceversa, que naquela altura convocaba a Fundación Xosé Neira Vilas. No eido da narrativa, publicou Fin de festa e Diario sen datas dunha aborixe galega.

 

Sobre o Premio

O Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta está dirixido a obras inéditas escritas en lingua galega e destinadas a un público infantil e xuvenil, co obxectivo de estimular a creación literaria, fomentar a lectura en lingua galega, así como proporcionar obras de calidade ao público infantil e xuvenil que lles permitan achegarse ao engaiolante mundo da novela. O premio está dotado con 1.000 euros, suxeitos á retención fiscal correspondente, e a publicación do traballo seleccionado.

En anteriores edicións resultaron seleccionas as obras: Esca, de Antonio Piñeiro; Detrás dos perdidos, de Pedro Rielo; O home de negro, de An Alfaya e Diario de Brian, o chinés, de David Daniel Vázquez Álvarez. Os catro libros premiados foron publicados por Edicións Embora.

Click to listen highlighted text! Powered By GSpeech