Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas   Click to listen highlighted text! Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas Powered By GSpeech

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso. Saber máis

Acepto

A sede da Fundación Xosé Neira Vilas en Gres, casa natal do autor de ‘Memorias dun neno labrego’ será un ano máis un dos destinos das excursións que poden solicitar as asociacións da provincia de Pontevedra dentro do programa ‘En Ruta coa Depo’. 

 

En concreto, a Ruta 11 das 32 que comprende a iniciativa, na que poden pedir participar as entidades sen ánimo de lucro con sede na provincia pontevedresa, inclúe unha excursión coas seguintes paradas: os Pendellos de Agolada; o Museo A Solaina de Piloño, a Fundación Xosé Neira Vilas e a igrexa de San Salvador de Camanzo no concello de Vila de Cruces. Trátase dunha ruta que combina a historia do comercio no rural -caso dos Pendellos-, a arte contemporánea en Piloño, a literatura en Gres e a arte románica en Camanzo.

As asociacións interesadas en realizar a Ruta 11 ou calquera das outras poden solicitalo ata o 20 de febreiro de 2020 no seguinte apartado da web da Deputación de Pontevedra: https://www.depo.gal/en-ruta-coa-depo

Click to listen highlighted text! Powered By GSpeech