Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas   Click to listen highlighted text! Benvido á Web da Fundación Xosé Neira Vilas Powered By GSpeech

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso. Saber máis

Acepto

Que é a Canle de Denuncias?

Na FUNDACIÓN XOSÉ NEIRA VILAS contamos cunha canle de denuncias, que permite comunicar calquera incidencia ou irregularidade de potencial transcendencia que puidese resultar contraria á legalidade.

A FUNDACIÓN XOSÉ NEIRA VILAS ten a súa sede en Gres (Vila de Cruces), e atópase baixo a supervisión do SEPBLAC en materia de AML/CFT e está suxeita á Lei 10/2010, de 28/04/2010, de Prevención do Branqueo de Capitais e do Financiamento do Terrorismo, así como a outras normas autonómicas de regulamento das fundacións.

Grazas a esta canle de denuncias  e coa túa colaboración responsable, podemos detectar se se están producindo condutas que contraveñan a legalidade.

O obxectivo desta canle é detectar condutas contrarias a dereito, aos principios ou ás regras éticas e de bo goberno da Fundación, polo que animamos a empregados, usuarios ou calquera persoa que teña contacto cos nosos servizos para comunicarnos ditas incidencias.

A Canle de denuncias adecúase ao previsto na Lei 2/2023, do 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción, de tal  forma que o protocolo de uso é o seguinte:

  • Acuse de recibo nun prazo máximo de 7 días naturais, salvo que poña en risco a confidencialidade.
  • O prazo de investigación non pode ser superior a 3 meses, salvo complexidade especial, que se podería ampliar a outros 3 meses.
  • Posibilidade de interlocución co informante por se fose necesario solicitar máis información.
  • O denunciado debe ter a oportunidade de ser escoitado acerca dos feitos dos que se lle acusa.
  • Protección dos datos persoais de todos os implicados.

 

Bo uso da canle

É importante que lembres que a Canle de denuncias xestiona unicamente comunicacións relacionadas con condutas que contraveñan a legalidade na FUNDACIÓN XOSÉ NEIRA VILAS.

Para evitar malas prácticas no uso da canle, aplicaranse criterios precisos para admitir as comunicacións e coa esixencia de responsabilidade civil, penal e administrativa das persoas que comuniquen feitos con abuso de dereito ou vulnerando o principio de boa fe. Na nosa páxina web clica en:

https://canle-de-denuncias.neiravilas.gal/

 

CANLE E SISTEMA INTERNO DE INFORMACIÓN

  1. A Lei 2/2023, do 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción establece a obrigación das fundacións de ter un sistema interno de información e unha canle interna de información. No sistema interno de información centralizarase todas as informacións e comunicacións que se realicen á fundación.
  2. Na referida canle interna de información poderán comunicarse calquera accións ou omisións que poidan constituír infraccións do Dereito da Unión Europea así como todas aquelas accións ou omisións que poidan ser constitutivas de infracción penal ou administrativa grave ou moi grave.
  3. O sistema interno de información, e as posibles medidas de protección a adoptar, serán de aplicación para os traballadores por conta allea, autónomos, socios, directivos e administradores, calquera persoa que traballe baixo supervisión de contratista, subcontratista ou provedores así como os traballadores que xa terminasen a súa relación laboral, voluntarios, bolseiros, traballadores en formación con independencia da percepción ou non de remuneración, así como os que se atopen en proceso de selección. As posibles medidas de protección serán de aplicación, á súa vez, aos representantes legais, familiares e persoas físicas e xurídicas relacionadas coa persoa que comunique información.
  4. A canle interna de información permite que se informe por escrito ou verbalmente do seguinte modo:

- Presencialmente na sede da Fundación en Gres, nº 9, 36587 - Vila de Cruces (Pontevedra), ben sexa na caixa de correos que está na entrada (indicando na destinataria “CANLE DE DENUNCIAS”) ou ben sexa solicitando unha reunión presencial dentro do prazo máximo de sete días.

- Por correo postal á dirección facilitada anteriormente, indicando na destinataria “CANLE DE DENUNCIAS”.

- Por correo electrónico á dirección: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

  1. As comunicacións verbais poderán ser gravadas nas comunicacións presenciais mediante reunión e os datos trataranse de acordo ao que establece o Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016.
  2. A canle de información admitirá tanto denuncias anónimas como denuncias que non o sexan.
  3. A comunicación expoñerá de forma o máis detallada posible os feitos, identificando no seu caso, ás persoas involucradas e o lugar onde se produciu, así como o momento no que ocorreu ou estivo ocorrendo o feito. Ademais, achegará, se se considera necesario, documentos, arquivos, probas, testemuñas ou outra información que se estime relevante para a avaliación e tramitación do expediente.
  4. Remitirase acuse de recibo da comunicación ao informante, no prazo máximo de sete días naturais seguintes á recepción, salvo que iso poida poñer en perigo a confidencialidade da comunicación. Ao presentar a información, o informante poderá indicar un domicilio, correo electrónico ou lugar seguro a efectos de recibir as notificacións, podendo así mesmo renunciar expresamente á recepción de calquera comunicación de actuacións levadas a cabo polo responsable do sistema interno de información como consecuencia da información.
  5. O procedemento derivado da comunicación será tramitado pola Secretaría da Fundación ou por quen esta delegue e poderá acordar a inadmisión, a admisión a trámite ou a comunicación inmediata e directa ao Ministerio Fiscal ou Autoridade competente, notificándose ao informante da decisión adoptada salvo que renunciase a iso ou que a comunicación sexa anónima. No caso de admitirse a trámite, levarán a cabo as actuacións oportunas previstas no protocolo do sistema interno de información da entidade e resolverá mediante informe que será notificado ao informante da decisión adoptada salvo que renunciase a iso ou que a comunicación sexa anónima, sendo o prazo máximo para finalizar as actuacións de tres meses desde a entrada en rexistro da información.
  6. Garantirase a presunción de inocencia e o dereito á honra da persoa afectada pola información así como garantirase que teña noticia da mesma, así como dos feitos relatados de maneira sucinta, pero, en ningún caso, comunicarase aos suxeitos afectados a identidade do informante nin se dará acceso á comunicación. Adicionalmente informaráselle do dereito que ten a presentar alegacións por escrito no prazo de quince días hábiles, así como documentos, probas ou informacións que estime convenientes e do tratamento dos seus datos persoais.
  7. A persoa que faga unha revelación pública poderá acollerse a protección se se cumpren as condicións de protección reguladas no artigo 28 e no título VII da Lei 2/2023. As medidas que se poderán adoptar son as previstas nos artigos 37 e seguintes da Lei 2/2023. Prohíbense expresamente os actos constitutivos de represalia, incluídas as ameazas de represalia e as tentativas de represalia contra as persoas que presenten unha comunicación, de conformidade co previsto no artigo 36 da Lei 2/2023.
  8. Ponse de manifesto aos informantes que cabe a posibilidade de presentación de comunicacións nunha canle externa de información da Autoridade Independente de Protección ao Informante de conformidade cos artigos 16 e seguintes da Lei 2/2023.
  9. Os informantes e as persoas afectadas pola información terán, se así o requirisen, dereito de acceso ao protocolo completo do sistema de información da entidade.

 

 

A quen vincula e cal é o seu ámbito de aplicación - Obrigación dos membros do padroado

Os membros do padroado son peza fundamental no desenvolvemento da cultura de cumprimento da Lei e de respecto dos principios e valores da FUNDACIÓN XOSÉ NEIRA VILAS.

Debido á súa posición, teñen a obrigación, adicional a todas as contidas neste documento, de promover a conduta ética e o cumprimento da Lei entre os profesionais da FUNDACIÓN XOSÉ NEIRA VILAS,  liderando co exemplo.

Os seus membros tomarán as medidas necesarias para previr, detectar e responder as cuestións relacionadas co cumprimento do Código.

Anualmente, a Secretaria da FUNDACIÓN XOSÉ NEIRA VILAS dará contas da actividade da canle de denuncias no exercicio pasado na primeira das dúas reunión do Padroado que os estatutos prevén. Caso de ter habido actividade, así se manifestará na reunión. O que quedará reflectido na correspondente acta.

Poñemos todos os nosos esforzos en alcanzar os máximos niveis de cumprimento e integridade no exercicio da nosa actividade e en lograr que todos os profesionais da FUNDACIÓN XOSÉ NEIRA VILAS sexan conscientes da importancia de actuar en todo momento co máximo respecto á Lei e ás normas internas da FUNDACIÓN XOSÉ NEIRA VILAS, incluíndo este Código, para reducir todo o posible o risco de que se produzan incumprimentos normativos na nosa organización ou outras condutas que non estean aliñadas cos principios e valores de FUNDACIÓN XOSÉ NEIRA VILAS.

 

 

Principios xerais - Cumprimento da legalidade e Normativa Corporativa

Unha das principais prioridades de FUNDACIÓN XOSÉ NEIRA VILAS é o cumprimento da normativa vixente.

Cumprimos a Lei vixente e fomentamos unha cultura de comportamento ético en todas as nosas actuacións.

Non colaboramos con terceiros na violación de ningunha Lei, nin participamos en ningunha actuación que cuestione o noso compromiso co cumprimento da Lei.

Cumprimos as normas previstas en materia de prevención de branqueo de capitais e as instrucións ditadas en aplicación das mesmas.

Click to listen highlighted text! Powered By GSpeech