60 anos de Memorias dun neno labrego
- Detalles
O día de Reis de 1961 saiu do prelo a primeira edición dun libro no que un neno afirmaba escribir nun caderno aquilo que ía observando e aprendendo da súa experiencia vital, na Galicia rural dos anos corenta do século pasado. 60 anos despois, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, en colaboración coa Fundación Xosé Neira Vilas, conmemorou esta data no auditorio que leva o nome do autor de Gres na Cidade da Cultura.
A POÉTICA LITERARIA DE DIANA VARELA
- Detalles
A novela A Conxura, o universo literario de Diana Varela Puñal e a influencia de Neira Vilas na súa experiencia no mundo das letras, centraron o encontro virtual que mantivemos coa autora gañadora da quinta edición do Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta. Participaron o presidente da fundación, Fernando Redondo, e o membro do xurado, o crítico e investigador, Armando Requeixo.
DIANA VARELA PUÑAL GAÑA O PREMIO XOSÉ NEIRA VILAS DE NOVELA CURTA
- Detalles
A novelista, poeta e editora Diana Varela Puñal resultou gañadora da quinta edición do Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta para nenos e adolescentes pola obra A conxura. A novela impúxose así a un total de quince orixinais que foron avaliados nesta ocasión por un xurado formado polos membros do membros do Padroado da Fundación Xosé Neira Vilas, Rosalía Morlán, Juan Andrés Fernández, e polo crítico Armando Requeixo.